RESTAURADO O CRISTO DE MOURE

Hoxe 27 de maio de 2025, será devolto ao seu lugar o Cristo de Moure, que restaurou a empresa THAU Restauración. Poñémosvos aquí abaixo unha imaxe do Cristo a través da cal podedes acceder a unha imaxe en tres dimensións do resultado final da restauración. A mágoa é que patrimonio non permitise a reconstrución das mans. Con todo THAU fixo un magnífico traballo que vai completando aos poucos a restauración integral que a fundación e os seus colaboradores están a impulsar desde hai uns anos. Para acceder á imaxe en •D picar co rato na foto de abaixo.

Tú carrito