Hoxe 23 de abril deron comezo as obras de impermeabilización da cúpula da Nosa Señora da Antiga. A primeira fase consiste na montaxe dunhas complicadas estadas que envolverán a totalidade da cúpula, necesario para os labores de impermeabilización.
Unha vez consolidado en estadas procederase á retirada dos morteiros de impermeabilización antigos, que escasamente cumprían o seu labor e nalgúns casos afeaban a estética da cúpula.
Posteriormente e tras as análises da pedra necesarios procederase a aplicar os morteiros hidrófugos que se crean oportunos, así como ao cambio das carpinterías de ventás.



