Tras case dous meses de mantemento, hoxe quedarán definitivamente instalados os dous portóns cos seus postigos, debidamente rehabilitados.
Trátase de dous portóns con estrutura de castiñeiro e casetones de nogueira adornados cunha serie de grandes cravos de bronce uns, e de ferro outros, que fan da nosa porta algo absolutamente singular e magnífico,
Con esta entrada damos simplemente a coñecer outra das actuacións que grazas ao mecenado de particulares e empresas puidemos abordar.
Ademais da mellora estética, hai unha considerable mellora na estrutura da madeira, moi deteriorada pola súa idade, ademais de todos os sistemas de xiro, goznes e bisagras que habían ido cedendo de maneira que se facía moi difícil abrir e pechar a porta, cousa que pode facerse agora cun só dedo a pesar dos seus 600 quilos por folla.
A empresa Portón e Postigo S.L. confirma que o noso portón é o número 87 dos que mantivo, de igrexas, palacios, castelos etc.