CELEBRACION DOS 150 ANOS DOS ESCOLAPIOS EN

MONFORTE O pasado día uno de xuño, sábado, na sede do Real Colexio PP. Escolapios de Monforte tivéronse os actos de celebración dos 150 anos da presenza escolapia en Monforte de Lemos. Unha Eucaristía ás 12:00, un tempo de portas abertas no que os antigos alumnos puideron ser testemuñas das innovacións habidas no Colexio e chegando ás 14:00 horas unha comida de fraternidade que se alongou ata as 17:00. Asistiron un centenar de persoas entre antigos alumnos, profesores e escolapios- Cabe destacar a presenza do alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, D. José Tomé Roca; D. Francisco Conde, exconselleiro de Industria da Xunta de Galicia e hoxe deputado en Madrid, pero sobre todo exalumnos vindos de lugares afastados para compartir o día e celebrar o encontro cos seus antigos compañeiros.

JAG 2024

Tú carrito