PRESENTACIÓN DA RESTAURACIÓN DO CADRO DO CARDEAL

O día 4 de outubro ás 11:30 da mañá terá lugar a presentación da restauración realizada ao cadro do Cardeal Rodrigo de Castro. O equipo de restauración de CREA fixo posible a limpeza e a consolidación do lenzo que xa mostraba as feridas do tempo.

O Exmo. Sr. Alcalde de Monforte D. José Tomé Roca estará presente na devandita presentación xa que foi o Concello de Monforte de Lemos quen fará fronte aos gastos da devandita restauración en beneficio da cultura de Monforte, nun exemplo de colaboración ente institucións públicas e privadas a valorarpositivamente.

Esperámosvos

Tú carrito