(J.A.G.) O próximo 6 de outubro, ás 19:00 h, no salón de actos do noso colexio, don PEDRO GÓMEZ (Inspector de Educación, Subdirector xeral de Ordenación Educativa e subdirector Xeral de Centros) dará unha conferencia sobre a chegada dos Pais Escolapios a este colexio (1873) e os 150 anos que levan facéndose cargo da formación de numerosas xeracións de alumnos e alumnas, así como do mantemento do edificio (declarado BIC en febreiro de 2021). A entrada é aberta a todos aqueles que estean interesados en coñecer algo máis da historia do Colexio
Esperámosvos