O RELOXO DO CARDEAL

(J.A.G.) Cando se restaura un cadro, ás veces, aparecen cousas raras, inexplicables e ata divertidas. É o que ocorreu ao limpar o cadro do cardeal Rodrigo de Castro que en breve tempo estará en perfecto estado de exposición.

Trátase do reloxo que sobre unha mesa vese xunto ao Cardeal. Ao limpalo e amplialo a sorpresa foi grande, a esfera dese reloxo non ten ningunha lóxica. Quizais a ignorancia do pintor sobre os números romanos. Quizais o pintor non vira un reloxo na súa vida, xa que no século XVI, un reloxo era un artigo de moito, moitísimo luxo. Quizais por iso o cardeal faise retratar xunto a un reloxo.

Neste reloxo, a esfera non está ben orientada, faltan horas e as oito horas están dúas veces unha como VIII e outra como IIX.

#Gozar da anécdota do reloxo.

Tú carrito