Unha vez iniciados os traballos de restauración desta obra da nosa Pinacoteca, os resultados van sendo esperanzadores. As probas de limpeza e a limpeza efectuada, dan conta do magnífico traballo levado a cabo polo equipo da empresa Crea.
Tívose que reparar o lenzo, descosido por ceder as costuras dos lenzos que compoñen o total da obra. Volverán coser a man, o que devolverá ao lenzo a tensión necesaria para a súa correcta instalación.
Actuouse sobre o bastidor e engadiranse bandas laterais para facilitar a suxeición ao bastidor e a súa instalación definitiva.
Con algunhas fotos ilustramos o devandito.




