DÁSE POR FINALIZADA A RESTAURACIÓN DAS CAPELAS LATERAIS DA IGREXA DA FCNSdlA

O pasado día 29 fíxose oficialmente a entrega da obra realizada nas seis capelas laterais da igrexa do Real Colexio dos Escolapios. Con este acto danse por finalizadas as intervencións nestas capelas, sendo o resultado un magnífico retornar ao seu antigo esplendor. As obras foron financiadas pola Consellería de Cultura e tuteladas pola Dirección Xeral de Patrimonio.

Queda agora esperar o comezo da restauración da capela das Reliquias que levará moito máis tempo pois probablemente hase de desmontar completamente o magnífico retablo barroco para despois volvelo a ensamblar con seguridade corrixindo os problemas que agora ten. A FCNSdlA ten previsto que comecen as obras da nova iluminación no mes de febreiro, tempo no que se abordará a reconstrución de parte do pavimento da sancristía afundido recentemente.

Achegamos aquí un código QR a través do que solicitamos doazóns de 20 € para facer fronte a estas obras non sufragadas pola Xunta e algunhas restauracións pendentes que son de moito interese para nós.

Tú carrito