CONFIRMADO O TITULO DE “REAL” AO COLEXIO DA NOSA SEÑORA DA ANTIGA

No Pasado mes de xaneiro, tras consulta por parte da  FCNSdlA, o Xefe da Casa Real confirmaba o antigo título de “Real” ao Colexio de  Nª  Sª da Antiga, PP.  Escolapios. En efecto foi Carlos III quen tras a expulsión dos Xesuítas asumiu o colexio baixo a protección real baixo a denominación de -Real Seminario-. Posteriormente  Fernando VII, en 1826, cambiaría a denominación pola de “Real Colexio de Humanidades”.

Hai que facer notar que ambas as referencias, dado o ámbito do colexio do Cardeal, farían referencia ao ata entón Reino de Galicia, que deixa de selo na práctica en 1833 coa nova configuración política de España.

Para a nosa institución é un orgullo poder dar continuidade a un pedazo da historia do noso centro e de Monforte de Lemos.

Placa á porta do Colexio

Carta do Xefe da Casa Real D. Jaime Alfonsín

Tú carrito