O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitou hoxe as obras da igrexa do Colexio da Compañía de Monforte. A parte das obras correspondente ao interior da Iglesia, na bóveda do presbiterio terminaron a finais de novembro. A igrexa de Nª Sª da Antiga xa está aberta e en uso polos monfortinos que a ela queren acudir. Segundo estímase as obras continuarán polo menos ata mediados de febreiro ou principios de marzo.
Na parte posterior do edificio da igrexa, os traballos prolongáronse algo máis do previsto debido ás condicións meteorolóxicas desfavorables. Selouse a gran greta existente no muro posterior do templo, cuxo orixe se atribúe ao terremoto de Lisboa de 1755, obra que xa está feita.
Queda agora a rehabilitación do pasadizo situado por detrás da igrexa que houbo de derrubarse para colocar as estadas de grandes dimensións, que se utilizou, por unha banda, para acceder á cuberta da cabeceira da igrexa, que se renovou na zona situada entre as dúas torres.
Á vez iniciouse a restauración dun dos retablos laterais do cruceiro, concretamente o esquerdo.