ASINADO O CONVENIO DE RENOVACIÓN DA ILUMINACIÓN DA IGREXA

O pasado luns día 29 de novembro, no marco incomparable da nosa  Pinacoteca, asinouse o Convenio entre a Fundación Colexio  Nª  Sª da Antiga e a Fundación Iberdrola, que asumirá o gasto da renovación total da iluminación de nosa Iglesia. Por este convenio a Fundación  IBERDOLA asume aprobando xa na súa xunta de padroado a renovación da iluminación da igrexa, por un montante de 90.000 €. A empresa designada por Iberdrola para realizar a intervención, é a mesma que iluminou o Museo do Prado e realizou a nova iluminación da catedral de Santiago, recentemente estreada, cun magnífico resultado. Vai crear unha Comisión de seguimento, que terá a súa primeira reunión a finais de xaneiro, e encargarase de supervisar o proxecto de iluminación, posteriormente, unha vez definido o mesmo, haberá de autorizalo a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Á firma do convenio asistiron as autoridades locais, o Director da Fundación Iberdrola, o Delegado de Iberdrola en Galicia, o Delegado do Goberno da Xunta en Lugo e outros membros destacados da vida de Monforte e os medios de prensa e radio de ámbito galego.

Tú carrito