Tras a colocación das pedras na bóveda do presbiterio e a retirada da gran estada que se levantou para o efecto estase procedendo a unha nova limpeza do retablo de Francisco Moure e á desinsectación de todos os elementos de madeira da Igrexa. O próximo día 5 de decembro, II Domingo de Advento reiniciarase o culto na Igrexa de Nª Sª da Antiga. Con dúas misas de 11:00 h e 12:00 h
Cunhas sinxelas fotos ilustramos os traballos que se están realizando nestes días, aínda que a obra no exterior continúa.