DÚAS VISITAS QUE NOS HONRRAN

O xoves día 23 de Outubro, e coa guía do arquitecto responsable da obra D. Manuel Freire,  exalumno deste colexio, tivemos dúas visitas á obra de rehabilitación da bóveda do presbiterio da Igrexa de  Nª  Sª da Antiga da nosa Fundación.

A primeira visita foi da Directiva do Colexio de Aparelladores de Lugo. A segunda, pola tarde dese día, alumnos e profesores do Máster de Rehabilitación da Universidade da Coruña. Todos quedaron encantados polo impresionante da rehabilitación e a súa dificultade técnica. Sendo un verdadeiro luxo poder observar os traballos desde o alto da estada a 18 metros de altura cunha perspectiva da igrexa imposible de ver noutros momentos.

Contribuíu moito a visita ao museo de ambos os grupos que guiou o Director do Colexio estupendamente.