REACTÍVANSE AS VISITAS Á NOSA WEB

Desde hai uns días vimos observando o incremento de visitas á nosa WEB, Podemos deducir que está a crecer o interese polo que pode ofrecer o Colexio do Cardeal ao turismo e de aí a consulta á nosa páxina WEB, da que ofrecemos as visitas habidas e os países de procedencia nestes días, quizais preparando algunha visita estival a Monforte e a súa magnífica oferta turística: paisaxística, enolóxica, gastronómica e cultural. Podemos ver que se afianza claramente o turismo interior.