SORPRENDENTES ESCRIBANOS

No Arquivo da Fundación, podemos atopar moita documentación dos séculos  XVI e seguintes. Entre eles hai un que chama a atención, trátase dun documento de venda dunha  viña datado no 22 de outubro 1576, que se vendeu por setenta  ducados.

O curioso desta escritura é o coidado da presentación que  escribano (notario) que deu fe dela. Debuxou unha letra E maiúscula,  capitular, a pluma e tinta e nela puxo o martirio de San Sebastián ou (S.  Bastiano) como o mesmo  escribano consignou na parte alta da letra E.

Sorprende a letra tamén que a pesar de estar xa en pleno renacemento garda moito da letra gótica empregada ata mediados do século anterior..

Ilustramos esta entrada da nosa páxina WEB cunha foto da  capitular e primeiras liñas do devandito documento e unha foto de dúas  ducados ou  doblón, da época.

Moneda de dos escudos o doblón de 1578. Felipe II
Moneda de medio escudo de plata. Felipe II
Tú carrito