Segundo sabemos, Simón de Mosteiro comprometeuse á obrigación contractual de continuar e terminar a «terza» parte da Iglesia, é dicir a cabeceira plana con que se remata a Iglesia, que cremos que tiña que estar terminada antes de 1613, xa que neste ano estaban acabadas a cúpula e unha das dúas torres, faltando a outra que estaba a piques de rematarse.
A pericia técnica demostrada por Simón de Mosteiro no que se refire á cubrición do espazo mediante bóvedas de canón e cúpula será resaltada posteriormente no contrato doutra obra jesuítica, esta vez trátase da Clerecía de Salamanca; nunha das súas cláusulas «prevíase o que Mosteiro levantase as bóvedas e o cimborrio do templo, punto en que demostrara a súa pericia durante a construción dos mesmos elementos na Igrexa do colexio de Monforte».
Como vemos o bo facer de Simón de Mosteiro e o magnífico resultado do seu labor en Monforte foron mostra para outro dos grandes monumentos españois de traza jesuítica, cuxas obras comezaron en 1617 baixo a protección de Margarita de Austria, esposa de Felipe III, ao parecer como acto de desagravio á orde pola prisión sufrida polo seu fundador, Ignacio de Loyola, pola Inquisición na torre mocha da catedral de Salamanca. Finalizándose en 1754.
NAVE CENTRAL MONFORTE NAVE CENTRAL CLERECÍA