ESTA SEMANA COMEZARON AS OBRAS

En realidade, habería que dicir que comezaron os preparativos para as obras. Na parte traseira da igrexa instalouse xa un contedor con material. En breve instalaranse as casetas da obra e darase comezo a acoutar a zona reservada para os traballos exteriores na zona do “túnel”, marcando as suficientes marxes de seguridade para que non interfiran coa presenza dos alumnos no recreo.

De igual maneira hase andamiado xa toda a fronte do retablo de Moure de forma que se poida proceder á súa protección total, antes de elevar o resto das estadas que cubrirá por completo o presbiterio.

Para mostra achegamos tres fotos que falan por si soas.