O COLEXIO DOS ESCOLAPIOS HOSPITAL DE EVACUACIÓN 1937

Persoal e ingresados do Hospital de Evacuación de Monforte
Persoal e ingresados do hospital de Evacuación de Monforte

Segundo relátanos o  P. Esteban no seu libro sobre o colexio dos  Escolapios, “o  P. Reitor, decatado por algunha confidencia, de que o mando militar había pensado instalar, neste Colexio, un Hospital de Evacuación, adiantouse a ofrecerllo; oferta que foi aceptada con agradecemento e, inmediatamente, comezaron as obras de acomodación, sendo inaugurado o13 de marzo de 1937 cos primeiros feridos que chegaron da fronte de  Somosierra (Madrid). Os militares pediron que se encargase o Colexio da Administración, empezando a levala o  P. Julio  Beltrán, quen foi substituído, a últimos de outubro, polo  P. Alfonso Díez Yebra, que continuou ata o final. O  P. Desiderio  Saiz foi encargado de levar e controlar as altas e baixas e o  P. Alonso Feijoo do roupeiro. Para a asistencia espiritual, mandou o Sr. Bispo un Oficio nomeando Capelán ao  P. Reitor, con facultade de delegar, o que fixo no  P.  Benjamín Navarro, que exerceu o seu labor co gran celo e caridade que lle caracterizaban.

A parte esquerda do Colexio foi tomada tamén polos militares para Cuartel de Recrutamento, quedando para internado e clases a parte dereita da fachada, co seu claustro e galería, máis algúns espazos libres que se habilitaron provisionalmente.”

Existen no arquivo da fundación dous libros, un de gastos do citado hospital e o outro é unha relación dos falecidos no mesmo.

Estamos orgullosos da continuidade da actividade educativa desde a fundación do colexio. Nin a guerra civil, que tantas cousas interrompeu puido interromper o labor docente do colexio.

Tú carrito