OBRAS DE RESTAURACIÓN E PECHE PROVISIONAL DA IGREXA DOS ESCOLAPIOS

Nunha entrada desta páxina do 12 de marzo deste ano, titulada “VISITA DO  COSELLEIRO DE CULTURA” informabamos das obras de restauración que se van a levar a cabo no edificio do Colexio do Cardeal, afectando entre outras zonas á igrexa. Tras reunión habida o pasado venres 30 de abril e tras abordar os estudos da intervención e seguridade da mesma decidiuse pechar provisionalmente ao culto a igrexa por verse imposible compaxinar culto e obras de restauración.

Por tanto a partir da semana que vén o culto quedará pechado ata o próximo mes de agosto, entendemos que a finais do mesmo.

Xa que as obras principais han de facerse cando non haxa nenos no colexio e para iso aproveitar os meses de xuño, xullo e agosto.

Sentimos de verdade esta circunstancia que nalgún outro caso repetiuse. Nos anos oitenta do século pasado por mor dun raio e a comezos do século  XX polas obras de restauración circunstancia que obrigou a consagrar de novo a igrexa como reza a placa de mármore que está situada no presbiterio.

Tú carrito