OS ESCUDOS DO CARDEAL RODRIGO DE CASTRO

Na biografía do fundador do noso colexio de Monforte, D. Rodrigo de Castro Osorio, atopámonos as seguintes datas sobre a súa carreira eclesiástica:

•          Bispo de Zamora desde 1574 ao 1578
•          Bispo de Cuenca desde 1578 ao 1581,
•          Arcebispo de Sevilla desde desde. 20 de outubro de 1581 ao 20 de setembro de 1600
•          Cardeal o 15 de decembro de 1583, sendo xa Arcebispo de Sevilla, nomeado polo papa Gregorio  XIII.

Ademais, membro do Consello do Reino de España e do Supremo Consello da Inquisición española durante o reinado de Felipe II, que morreu dous anos antes de que morrese o Cardeal en setembro de1600.

Como as obras do colexio comezáronse en 1593, unha sinxela comprobación de datas fainos ver que cando se comeza a edificar o Colexio de  Nª  Sª da Antiga, o seu impulsor Don Rodrigo de castro Osorio era xa cardeal desde facía dez anos, arcebispo desde 12 anos e bispo desde 19 anos.

Estas datas non terían que ser relevantes salvo porque na heráldica do Edificio na que se atopan varios escudos do Cardeal, atopámonos escudos que falan  delas tres etapas da vida eclesiástica do Cardeal.

Escudo de bispo no interior da igrexa


Así atopamos escudos do cardeal como bispo, co cordón que baixa do capelo con tres borlas a cada lado. Estes escudos son oito, catro están nas pechinas da cúpula levados por anxos, obra de Francisco de Moure, outros dous en granito están no propio presbiterio, un á esquerda sobre o sepulcro do Cardeal e outro á dereita, sobre o cadro de Nª Señora da Antiga tras o que está o sepulcro da súa nai a condesa de Lemos Beatriz de Castro “A Fermosa” (1480 – 1570). Os outros dous escudos, en madeira de nogueira, coroan o retablo de Moure no ático do mesmo, un a dereita e outro á esquerda.

Atopamos outro escudo, esta vez como arcebispo, é dicir con  capelo e cordón de catro  borlas. Áchase no claustro monumental, no pano sur, facendo xogo con outros tres escudos: casa de Alba, en fronte do escudo do Cardeal; Casa de Lemos ao poñente e o escudo da Orde dos PP.  Escolapios a levante.

Escudo arcebispal do claustro monumental

Xunto a estes, outro magnífico escudo, esta vez cardinalicio, con  capelo e cordón de cinco  borlas que se alza  magníficamente tallado na pedra  granítica da fachada sobre a porta da igrexa e baixo o impoñente escudo do Rey Felipe III, rodeado co  toisón de ouro co seu  vellocino colgante.

Hai moitas preguntas sen responder #ante isto. a que se debe que todos os escudos non sexan os que lle correspondían como cardeal.?  Esa distribución é intencionada? que intención había tras a distribución?

Eu penso que a mensaxe que quixo mandar o Cardeal Rodrigo de Castro é sinxelo e simple e triplo:

•          Para a igrexa son bispo – que é o maior grao da orde sacerdotal- Por iso mesmo os oito escudos episcopais atópanse dentro da igrexa.

•          Para o palacio son arcebispo. O escudo arzobispal atópase no claustro monumental, a zona de vivenda da comunidade relixiosa. Xa que ser Arcebispo non é máis que un nomeamento de tipo administrativo- gerencial, un arcebispo non é máis que “un coordinador de bispos”, pero ser arcebispo non suma nada a ser bispo en canto ao  sacramento da orde.

•          Para o mundo son cardeal. Por iso o único escudo cardinalicio aparece na fachada, no centro, baixo o do rei. É un título  principesco, un Cardeal é un funcionario da Igrexa católica, membro do Colexio Cardinalicio do Vaticano. A súa principal función, consiste en axudar e aconsellar ao Papa nas súas decisións e propósitos a cumprir. O título de Cardeal é imposto só polo Papa e representa unha das máis altas investiduras na igrexa católica apostólica e romana.

A etimoloxía da palabra Cardeal descríbenos perfectamente cal é a súa función, pois provén do latín “Cardo” que significa “Bisagra ou Punto de apoio“. O eixo sobre o cal vira todo o peso….

J.A.G.

Tú carrito