No Colexio dos PP. Escolapios, podemos ver varios escudos do cardeal Rodrigo de castro. Algúns deles son diferentes, polo número de borlas na liña final da rede que aparecen no mesmo.
Isto débese a dúas razóns
1ª Cando labran un escudo o cardeal aínda non o era e entón poden aparecer tres ou catro borlas.
2º Que o canteiro non atopase espazo suficiente para tallar as cinco borlas na pedra e talla de forma que unha ou dúas queden ocultas tras o escudo, como é no caso dos escudos que ven no noso edificio
O número de borlas identifica a dignidade eclesiástica do escudo en cuestión dándonos noticia de se se trata dun sacerdote, ou un bispo ou un cardeal…. Consulta a seguinte ligazón e terás suficiente información para entender os escudos do noso colexio.