Con motivo da próxima intervención de Patrimonio da Xunta na bóveda do presbiterio da nosa Igrexa de Nª Sª da Antiga hoxe visitounos o Conselleiro de Cultura D. Román Rodríguez González, acompañado doutras autoridades da Xunta e do Concello de Monforte de Lemos así como do P. Javier Agudo Xerente da Fundación, e de D. Pablo Blanco e D. Jorge Valcárcel Director e Xerente do Colexio, respectivamente.
Don Manuel Freire, arquitecto encargado do proxecto de restauración, explicou con detalle os puntos de intervención e as cautelas que han de terse para a feliz culminación da obra que comezarei en breve.