O Consello da Xunta aprobará hoxe 25 de febreiro o decreto que confire a categoría de BIC ao edificio. Efectivamente a Xunta aprobará hoxe o decreto que oficializará a declaración como ben de interese cultural (BIC) do Colexio da Compañía de Monforte, categoría que foi solicitada pola Fundación Colexio Nª Sª da Antiga en 2016.
Tras a petición, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural iniciou a elaboración dun informe específico e consultou sobre o particular, o parecer dos seus órganos asesores e consultivos.
Xa en 2019 incoouse o expediente solicitado pola FCNSdlA e iniciáronse os trámites á vez que se ampliaron de forma provisional as medidas de protección establecidas para os monumentos con categoría de BIC.
O expediente foi avalado por un informe da Real Academia Galega de Belas Artes e outro do Consello da Cultura Galega que propuxo unha serie de melloras a tomar en consideración para dar unha maior solidez á declaración que hoxe se materializa.