A historia fainos sinxelos agasallos, e un deles foi que podemos contar cun santo entre os profesores deste Colexio. Trátase do P. Faustino Míguez, hoxe San Faustino, que rexeu os destinos deste centro durante os anos 1875 a 1878. Efectivamente, cando foron chamados os escolapios a Monforte de Lemos en 1873, entre os relixiosos que viñeron atopábase o P. Faustino Míguez,
Foi ademais o San Faustino quen fixo vir ás relixiosas Calasancias a Monforte para atender á educación das nenas xa que naqueles tempos nenos e nenas educábanse separadamente. Do P. Faustino fálanos no seu libro sobre a historia do Colexio dos Escolapios o P. Esteban, que di del: “…é digno de mención o P. Faustino Míguez, home de extraordinaria virtude e gran solvencia científica.”