EXQUISITA DELICADEZA DAS TALLAS DE MOURE

No retablo da igrexa do Colexio dos  Escolapios, atopamos no banco ou  predela algunhas esculturas femininas de exquisita beleza e talla delicada. Trátase das virtudes. Tallas en nogueira, cunha vestimenta barroca e facendo gala dun feliz virtuosismo especialmente no traballo dos traxes, tocados e peiteados. Como mostra poñemos aquí uns exemplos que ilustran de forma moi eficaz o devandito.

Tú carrito