A finais do ano pasado foi doada pola familia de don José Luis Iglesias Fernández, antigo alumno do noso colexio, unha magnífica maqueta do edificio do colexio. Esta maqueta non responde á realidade do edificio, senón ao proxecto inicial do Cardeal Rodrigo de Castro, é dicir un edificio de catro claustros.
Esta maqueta está datada por unha plaquita entre 1990 e 1991, anos entre os que don José Luis Iglesias realizou este precioso traballo que mide 1 metro de anchura, pesa ao redor de cincuenta quilos e responde a unha proporción de 1/100.
A FCNSdlA agradece sinceramente o xesto da familia do autor. Tras o tratamento previo de desinsectación preventiva, situarase nun lugar adecuado para poder ser contemplada por quen nos visita buscando coñecer máis o legado do Cardeal Rodrigo de Castro.