JUAN DE TOLOSA S. J.

Tolosa, Juan de. Salamanca, 1548 – Monforte de Lemos (Lugo), 1598. Xesuíta (SE), aparellador, arquitecto. Contaba cunha vinculación artesanal na súa familia, achándose emparentado (Gutiérrez de Ceballos non se atreve a precisar se eran pai e fillo ou mesmo irmáns) co aparellador do Mosteiro de San Lorenzo del Escorial, Pedro de Tolosa, un mestre que introduciu a influencia daquela obra filipina no estilo arquitectónico da zona valisoletana.

Juan podería traballar con el, mesmo, antes da súa entrada na Compañía de Jesús, na cidade de Salamanca, en novembro de 1572. Non habería de ser o único membro da súa familia que entrou neste instituto relixioso, ao seguilo o seu irmán Esteban, dezanove anos menor que el. Con todo, o seu primeiro oficio como xesuíta foi o de cociñeiro, para vincularse un pouco máis tarde ao de carpinteiro e ensamblador.

Traballa en Monforte en lugar de Andrés Ruiz, que se atopaba ausente da fábrica en repetidas ocasións (probablemente pola realización do Seminario de Lugo), nomean ao xesuíta Tolosa en 1593 mestre maior das obras do Colexio. Tolosa será o que transforme a idea en materia a partir de 1593 dirixindo a un gran número de mestres de obras e cantería. Aínda que Ruiz volve á fábrica e asina as trazas dos anexos á fachada en xuño de 1594 a pedimento do Cardeal, que estivo de xullo a novembro dese mesmo ano en Monforte de Lemos, non levou a cabo exactamente isto senón que se modificaron os engadidos en base a unha nova traza que responde á Traza Universal que Tolosa propoñerá ao Cardeal, e que levará a modificar todo o sistema planimétrico para achegarlle un novo significado e simbolismo ao Colexio.

Que houbo un cambio radical entre o proxectado inicialmente por Ruiz e o que Tolosa materializou, queda patente na “Taxación do obrado e cláusulas para a prosecución do Colexio de Monforte de Lemos” que o propio Tolosa realiza en 1598, na que di: “non se gardou a traza en que se lles rematou senón que todo sexa removido e volto a outra forma”. Tanto o realizado ata o momento como o pendente por realizar modificouse, e iso irase debullando ao longo do traballo.

A peste chegou en 1599 a Monforte, minguando cuantiosamente tanto ás compañías de operarios como á comunidade relixiosa, sendo Tolosa unha das súas vítimas.

Tú carrito