VALERIO CIOLI

Valerio Cioli, tamén chamado Cigoli ou Giogoli naceu en Settignano (Italia) en 1529 e morre en Florencia en 1599, un ano antes que o cardeal Rodrigo de Castro) foi un escultor italiano de época manierista. A súa obra máis famosa é a Fontana do Bacchino do Giardino dei Boboli, preto da entrada da piazza Pitti de Florencia. Representa a un bufón da corte de Cosme I de Médici, ironicamente chamado nano Morgante (por Morgante, o xigante do poema de Luigi Pulci), espido e sentado sobre unha tartaruga como un Baco ebrio.

No mesmo xardín áchanse outras dúas obras de Cioli en colaboración con Giovanni Simone Cioli: o Uomo che vanga (“home que cava”) e o Uomo che scarica il secchio in un tino (“home que baleira o cubo nunha tina). Tamén entre outras pezas coñecidas está a alegoría da escultura nada menos que na tumba de Miguel Ángel.

Deste famoso escultor temos na nosa igrexa de Monforte o cristo en mármore que foi regalado ao Cardeal Rodrigo de Castro por Felipe segundo. Hoxe traemos esta entrada na nosa páxina prol fotografar a firma de Cioli, no pano de pureza do Cristo, catro fotos que nos dan unha mensaxe completa: VALERIUS CIOLIS· F· MDVC Que ben podemos entender como De Valerio Cioli. Feito en 1595.

Tú carrito