Relátanos D. Manuel Ángel Feal Antelo no seu magnífico traballo titulado “O COLEXIO DO CARDEAL DE MONFORTE DE LEMOS. EVOLUCIÓN DA TRAZA UNIVERSAL” que antes de iniciarse as obras do noso Colexio xa lle saíu un inimigo, dentro da propia casa. Tratábase do Colexio de Monterrei, en Verín, rexentado tamén polos PP. Xesuítas, que #ante a noticia do proxecto de construción do de Monforte temeron fóra en detrimento do seu. Relátanolo así D. Mauel Feal:
“Aínda que pareza mentira, o primeiro inimigo serio que tivo o Colexio de Monforte foi o seu colega fraterno, o Colexio de Monterrey. Talvez influíu na escaramuza a tirantez existente entre a Casa de Monterrey e a de Lemos por un soado preito que se traían desde principios do século XVI. O certo é que don Gaspar de Acevedo, V Conde de Monterrei, ao decatarse de que en Monforte estaba a tratarse de levantar outro Colexio da Compañía, escribía ao P. Xeneral, pedíndolle «que o Colexio de Monforte non prexudicase aos Estudos xerais de Monterrey».
A resposta do P. Xeneral foi lóxica e cortés: «Habendo a Compañía aceptado xa a fundación do Cardeal – dille o 15 de marzo de 1593– non pode poñerse taxa nin limitación, nin sería xusto. Nin vemos tanto perigo en que haxa este impedimento. A Compañía, na fundación dun Colexio, non pode prexudicar a outro ningún, nin ao seu fundador. Pero sendo tal o Colexio de Monterrey, non lle prexudicará outro ningún dos que se puideren facer no contorno».
Mentres tanto, as cousas en Monforte estaban a punto. En abril de 1593, o Provincial informaba a Aquaviva con inusitado optimismo: «O Colexio de Monforte será cousa de moita substancia. Comezase daquela a obra e hácese como cousa do Cardeal, en canto sofre o noso modo. Se Deus dálle vida, acabarase en dúas ou tres anos, porque se dá gran priesa e, aínda que non lla dea, confío será o mesmo. Ten xa alí 30.000 ducados e máis, para este efecto. E gañados os consensos dos abades, dará 2.000 ducados de renda de pensións a aquel Colexio, o cal en breve terá efecto.
Como se ve, don Rodrigo decidira elevar a renda primitiva en 500 ducados. O Provincial, tras afirmar que en Monforte estaban xa dous Pais e un Irmán da Compañía, engadía que esperaba verse en breve co Cardeal, na viaxe deste a Monforte, e concertar a escritura fundacional. «e é cousa marabillosa -conclúe- a afección que ao seu Colexio ten e a ansia de verlle, e din que todo é falar de isto».”
Tras a expulsión dos xesuítas o Colexio de Monterrei foi abandonado e a súa pedra foi empregada para pavimentar as rúas de Verín.