Breve Resumo das actividades que con motivo da celebración do IV Centenario da Consagración da Igrexa do Colexio da nosa Señora da Antiga, -Colexio PP. Escolapios- tivéronse en Monforte os días 2, 3 e 4 de agosto de 2019.
Venres, 2 de agosto
• 19:30 h. Mesa redonda,
A Importancia Histórico Artística do Edificio da nosa Señora da Antiga e o Valor Social dos Bens Patrimoniais.
Introduciu e Moderou, Dª Mª del Mar Bóveda López. Investigadora en CC. da Educación, experta en intervención e revalorización social do Patrimonio.
Participaron:
– Dª Rosana Guerra Pestonit, Dra. Arquitecta.
– Dª Luisa Serrano García, Arquitecta.
– Dª Mª Dolores Lago Arce, Historiadora e Restauradora.
Redactoras do Estudo Documental para a Declaraciòn de Ben de Interese Cultural do Colexio da nosa Señora da Antiga (Monforte de Lemos).
– D. Manuel Mª Chaín Pérez, Arquitecto. Subdirector Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (Consellería de Cultura e Turismo, Xunta de Galicia).
Que nos levaron de maneira sabia a través dos elementos esenciais de carácter técnico, artístico, construtivo e referencial do edificio do Cardeal, resaltando a singularidade de moitos deles e a súa influencia na arquitectura galega. Expuxeron maxistralmente, apoiados dalgunhas imaxes moi ilustrativas, os pormenores dela historia do edificio, as súas modificacións, os seus valores en definitiva que avalan a declaración do edificio como BIC
• 20:15 h. Inauguración Oficial das xornadas do IV Centenario.
Honrados coa presenza de D. Alberto Feijoo, Presidente da Comunidade Autónoma de Galicia, O Sr. Presidente da Deputación de Lugo que á vez é o noso Alcalde, Don José Tomé Roca; o Sr. Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco Conde López; a Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia Dª Raquel Arias Rodríguez; A Sra. Deputada do Parlamento de Galicia, Dª Julia Rodríguez Barreira; a Directora Xeral de Patrimonio Cultural Carmen Martínez Insua; A Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Dª Mª Encarnación Rivas Díaz; o P. Reitor dos PP. Escolapios de Galicia P: Eladio Rodríguez; o Xerente da Fundación Colexio de Nª Sª da Antiga e Titular do Colexio dos PP. Escolapios en Monforte; ademais de varios alcaldes das poboacións veciñas e cuantos monfortinos quixeron acompañarnos.

Neste acto, moderado por D. Pablo Blanco, Director do Colexio PP. Escolapios interviñeron consecutivamente o P. Javier Agudo como xerente da Fundación que se centrou na significación dos 400 anos da consagración da Iglesia, D. José Tomé Roca como Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte de Lemos que falou sobre a importancia do Cardeal Rodrigo de Castro para a vila de Monforte. Finalmente D. Alberto Feijoo, Presidente da Comunidade Autónoma de Galicia que dirixiu a Colexio e Fundación unhas cariñosas palabras, enmarcou o acto na súa significación dentro da Ribeira Sacra e da súa vontade de conservar e dar valor ao conxunto patrimonial da mesma para goce das xeracións futuras. Declarando finalmente abertas as xornadas de celebración do IV Centenario-
• 21:15 h. Concerto na Igrexa do Colexio interpretado polo pianista Ernesto Maseda González e a súa esposa Ana Gloria Peñate Puncet, que de forma brillantísima e virtuosa ofreceron un variado concerto de música latinoamericana nun piano e a catro mans, que sorprendeu pola súa magnífica execución e colorido musical. Todo iso na contorna da igrexa que como xa é sabido por todos ofrece unha sonoridad magnífica para a música.
Sábado, 3 de agosto
• 11:00 h. – 12:30 h. Xornada de portas abertas.
A Fundación Colexio Nª Sª da Antiga e o Colexio PP. Escolapios ofreceron á Vila de Monforte unha xornada de portas abertas para que cuantos quixesen puidesen visitar as zonas monumentais do Colexio, acompañados polas dúas guías da Oficina de Turismo ademais dalgúns profesores e algún alumno que serviron de guías aos visitantes.
• 12:30 h. – 13:00 h. Conferencia, O Colexio de Monforte unha intuición renacentista do Cardeal Rodrigo de Castro. A cargo do Pai Francisco Javier Agudo, Xerente da Fundación.
O P. Javier Agudo ofreceu unha conferencia sobre o marco do Renacemento e o Cardeal Rodrigo de Castro poñendo escenario e actores á gran obra escrita en pedra do Colexio de Nª Sª da Antiga.
• 13:00 h. Concerto na Igrexa do Colexio, interpretado por D. Manuel Randulfe Jácome, Director do Conservatorio profesional de música “Adagio”. Por sufrir un accidente o día anterior tivo que suspenderse o anunciado concerto por causa de forza maior, o que sentiu moito, desexando a D. Manuel unha pronta recuperación.
Domingo, 4 de agosto
• 12:00 h. Celebración da Eucaristía na Igrexa de Nª Sª da Antiga, que foi presidida polo Vigairo da Diocese D. Mario Vázquez Carballo, debido a que D. Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo, que anunciara a súa presenza, non puido asistir por unha doenza lumbar. O celebrante apunto a significación do acto en conexión coa educación resaltando a figura do Cardeal e de San José de Calasanz como fundador da primeira escola popular, cristiá e gratuíta do mundo.
Quede aquí este breve resumo das actividades de tres días nos que celebramos o IV centenario da Igrexa do Colexio e gozamos coa presenza de moitos Monfortinos que compartiron connosco os actos programados e os girones de cultura que puidemos ofrecer.