O Colexio acolle hoxe preto de 100 alumnos que peregrinan a Santiago.

Hoxe comezan a súa peregrinaxe polo Camiño de Santiago de Inverno preto de 100 alumnos de 3º de ESO dos colexios escolapios de Santander, Oviedo, Villacarriedo, Monforte e Valencia.

Escolleron Monforte de Lemos como punto de saída. Á vez outros tantos van polo camiño Frances e outros tantos polo portugues, coa intención de xuntarse todos en Santiago de Compostela. Ánimo mozos.