SAN FRANCISCO DE BORJA E A SÚA ICONOGRAFÍA

Wifredo Recuncho, doutor en Historia da arte e comisario da exposición sobre a iconografía de san Francisco de Borja do Museo da Cidade de Valencia, afirma que “a pesar de ser un personaxe tan importante, a iconografía existente do san Francisco de Borja no panorama artístico español é sorprendentemente escasa”.

O doutor realizou estas declaracións no transcurso da conferencia Iconografía de san Francisco de Borja na arte española #ante os asistentes ao Congreso Internacional “Francisco de Borja e o seu tempo: política, relixión e cultura na Idade Moderna” organizado pola Universidade CEU Cardeal Herrera e o Consello Superior de Investigacións Científicas.

Recuncho sinalou que a iconografía de Borja redúcese fundamentalmente a dous espazos: ás casas da Compañía de Jesús, -como é o caso do San Francisco de Borja do Colexio de Nª Sª da Antiga- onde hai “abundante” iconografía do santo e á provincia de Valencia, especialmente a cidade de Valencia, Gandía e Llombai. O doutor explicou que no resto de lugares de España hai iconografía pero é “escasa” quizá porque Borja “non foi un santo popular por proceder dunha familia nobre e porque tras a súa morte, o corpo foi trasladado a Madrid”.
O historiador fixo un repaso polos aspectos iconográficos de San Francisco de Borja: o tipo iconográfico, a indumentaria e atributos e as imaxes. Do tipo iconográfico, Recuncho destacou que o santo ten un tipo “reconocible” porque en gran parte das reproducións artísticas del mantense “ o perfil orixinal procedente da máscara funeraria”.
Respecto a os atributos e indumentaria identificativa do santo, o doutor referiuse á caveira, coroada case sempre, que fai referencia á Emperatriz Isabel e que tamén significa a renuncia ao mundo e que o santo “sempre leva sobre un pano en sinal de respecto á Emperatriz”. O outro atributo particular do santo é a custodia á que o santo fita e que representa a defensa da Eucaristía. Ademais, o doutor detallou un “bodegón” de atributos que adoitan acompañarlle de carácter relixioso, como a mitra, e os capelos e, de carácter civil, como as coroas ducal e marquesal e a armadura nalgúns casos coa Cruz da Orde de Santiago. Así mesmo, o historiador fixo referencia á indumentaria de Borja expresando que Borja ten “dous aspectos”, co hábito de Caballero de Santiago e co hábito da Compañía de Jesús.
No caso do cadro de San francisco de Borja de nosa Iglesia, os atributos que aparecen son moi simples. Aparece a caveira pero sen coroa. A custodia aparece aquí substituída por un Cristo na cruz nunha mesa na que se adiviña un cilicio. Non aparecen as coroas ducal e marquesal, soamente tres capelos cardinalicios símbolo da tripla renuncia a esta dignidade.

Tú carrito