Algúns datos sobre o colexio no século XVIII

No estudo que se fai de Monforte Por Rosa Mª Guntiñás, partindo dos datos do Catastro do Marqués da Enseada, feito a mediados do século XVIII atopamos numerosos datos que nos ponen en pista de como funcionaba entón noso Colexio. Así lemos:

“D. Rodrigo vai nomear, pois, herdeiro universal ao Colexio no seu testamento, feito pola súa propia man en 1598, pero colocándoo baixo o padroado dos condes de Lemos e sinalándolle aos relixiosos unha renda de 2.000 ducados anuais para o seu sustento, doándolles solar, horta, prata e reliquias e ratificando a creación nel dunha escola para a mocidade galega baixo a dirección da Compañía de Jesús polo que a Relación de 1741 especifica que, a maiores do Claustro principal, había “outro patio de escolas” que eran en total catro de Gramática, unha de Filosofía, dúas de Teoloxía escolástica e moral “con outra peza para nenos de ler e escribir”. “

Vemos así que os estudos que se impartían estaban máis preto de ser estudos universitarios que de educación primaria.

Tú carrito