Unha das curiosidades que xurdiron coa limpeza do retablo da nosa igrexa foi a aparición dunha firma, realizada en tinta sobre a madeira, a uns 5 metros de altura nun dos laterais do retablo, concretamente o dereito. A primeira ollada é imposible ver dita firma.
A dúbida que xurdiu foi se dita firma sería ou non de D. Francisco de Moure. Unha vez analizadas ambas as firmas, a do retablo e outra dun documento asinado por Moure, hai que concluír que non, que non é de D. Francisco de Moure, quedando o misterio aberto sobre quen puido asinar ese taboleiro, que debeu ser asinado con tinta e pluma, no taller e en posición horizontal, non en vertical como se atopa agora….
Para ilustrar a curiosidade de quen lea isto achegamos foto de ambas as firmas